Sunday 08 de September de 2024

O Partido Popular apoia o trazado ininterrompido do Paseo paralelo á lámina de auga ao longo de toda a ribeira do municipio


Considera que o Delegado do Goberno, en plena precampaña electoral, sacudiuse a Gelo de encima con compromisos que non se fixeron realidade.

Pregúntase, ademais, se roubaron as árbores talladas na execución das obras de dragaxe da Ría.

O Ministerio de Transición Ecolóxica cualificara a obra da dragaxe da Ría do Burgo como o «máis ambicioso, complexo e innovador dos desenvolvidos polo ministerio».
<> afirmou a Portavoz do Grupo Popular.

Con todo, en canto á dragaxe en si, dos 583.337 metros cúbicos de lodos tóxicos, 174.284 quedaron en balsas no Interior da ría e esta decisión non foi obxecto de ataques inmisericordes como no seu momento os de Oza, que quedaron fóra da ría e tiñan moita menor toxicidade. ” Porque será” ironizou Loli Silva.
“Pero neste momento as citadas protestas teñen fundamento pois a obra do paseo está inacabada e a situación dos mariscadores debe de ser reparada mentres os bancos non volven producir como un custo máis da devandita obra.” engadiu a portavoz.
Capítulo á parte merecen a desaparición das enormes árbores que Gelo cifra en 20 ou 30 e que curiosamente no seu momento non denunciou.
“Preguntaremos no próximo pleno que medidas emprendeu para resolver un e outro asunto.” Adianto Silva.